David[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo (דָּוִד; Dawidh) que significa «o amado e querido» ou «o elixido de Deus». É un nome bíblico que provén do famoso rei David de Israel. En galego tamén ten a variante Davide.[2]
En xaneiro de 2023 existían 20.553 varóns en Galicia co nome David, cunha media de idade de 34,9 anos,[3] e 21 co nome Davide, cunha media de idade de 41,3 anos.[4]
<https://academia.gal/nomes>
.