![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1960 ![]() Washington, D.C., Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Bethesda-Chevy Chase High School (en) ![]() Universidade de Maryland ![]() |
Actividade | |
Ocupación | reporteiro, produtor de cinema, produtor creador, actor, guionista, novelista, produtor de televisión ![]() |
Período de actividade | 1982 ![]() |
Empregador | The Baltimore Sun (pt) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Demócrata ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Laura Lippman ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | davidsimon.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
David Judah Simon, nado o 9 de febreiro de 1960, é un escritor, xornalista, guionista e produtor estadounidense de series de televisión. Traballou coma xornalista durante vinte anos para o xornal The Baltimore Sun.
É o creador da serie da HBO, The Wire, na que participou como produtor executivo e guionista durante as cinco tempadas. Foi un dos encargados de adaptar o libro de non ficción Generation Kill, de Evan Wright, nunha miniserie que se estreou en 2008 tamén na HBO.
Xunto con Eric Overmyer, é o creador da serie Treme, que en decembro de 2013 rematou coa súa cuarta tempada. Posteriormente escribiu, xunto co xornalista William F. Zorzi, a miniserie Show Me a Hero, tamén para a HBO.