Days of Future Passed | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Moody Blues | ||||
Publicado | 10 de novembro de 1967 (RU) 11 de novembro de 1967 (EEUU) | |||
Gravación | 9 de maio - 3 de novembro de 1967 | |||
Estudio(s) | Decca Studios, West Hampstead, Londres | |||
Duración | 41:34 | |||
Xénero(s) | art rock, rock progresivo, rock pricodélico, progresivo sinfónico, rock sinfónico | |||
Selo(s) | Deram Records | |||
Produtor | Tony Clarke, Michael Dacre-Barclay, Hugh Mendl | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Days of Future Passed é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo The Moody Blues, publicado o 10 de novembro de 1967 a través do selo Deram Records.[1] Coa súa fusión deelementos orquestrais e de rock, foi citado como un dos primeiros exemplos de rock progresivo.
O álbum gravouse nun tempo no que The Moody Blues estaba pasando por dificultades económicas e carecía de éxito da crítica e comercial. O seu selo principal, Decca Records, ofreceulle a oportunidade de gravar un álbum en estéreo que combinase a súa música con interludio orquestrais. A banda decidiu compoñer un conxunto de cancións sobre a vida do home cotián, co grupo e a orquestra tocando principalmente por separado e mesturandose xuntos despois. O disco tivo un éxito moderado tras o seu lanzamento, pero despois da súa aparición na radio, particularmente o seu exitoso sinxelo "Nights in White Satin", chegou ao top 10 estadounidense en 1972. Dende entón foi listado entre os álbums máis importantes de 1967 pola Rolling Stone.