De origine actibusque Getarum | |
---|---|
Título orixinal | De origine et actibus Getarum |
Autor/a | Xordanes |
Lingua | lingua latina |
Tema(s) | Getas |
[ editar datos en Wikidata ] |
De origine actibusque Getarum (en galego: Orixe e feitos dos Godos), con frecuencia referida polo nome que lle dera Theodor Mommsen no 1882, Getica, foi escrita por Xordanes e publicada polo 551.[1] Foi presentada como un resumo dunha voluminosa obra de Casiodoro sobre a orixe e historia dos godos, o Libri XII De Rebus Gestis Gothorum, realizado a petición de Teodorico o Grande e do cal non se coñece ningunha copia.