Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2019.) |
Deerhoof | |
---|---|
A banda en 2009 | |
Orixe | San Francisco, Estados Unidos |
Período | 1994-presente |
Xénero(s) | indie rock, pop experimental, noise, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Polyvinyl, Kill Rock Stars, Joyful Noise, Felicity, Upset the Rhythm, Altin Village and Mine, Clapping Music, Kythibong, P-Vine, Tomlab, Flying Nun, Trifekta, ATP, Toad, Menlo Park |
Membros | Satomi Matsuzaki John Dieterich Ed Rodríguez Greg Saunier |
Antigos membros | Chris Cohen Rob Fisk Kelly Goode |
Na rede | |
http://deerhoof.net | |
Deerhoof é unha banda estadounidense de indie rock formada en San Francisco en 1994. No presente está composta polo batería Greg Saunier, o baixosta e cantante Satomi Matsuzaki, e os guitarristas John Dieterich e Ed Rodriguez. Inicialmente o grupo tocaba noise punk improvisado e fíxose moi famoso e influente nos anos 2000 grazas á súa creativa música autoproducida que combinaba "ruído, melodías [pop] doces, e un espírito experimental nunha música completamente distinta".[1] Ata a data Deerhoof leva publicados 14 álbums de estudio, o derradeiro deles, Mountain Moves, editado en setembro de 2017.[2]