Delta (letra)

Maiúscula e minúscula da letra delta.

Nome da cuarta letra do alfabeto grego (δέλτα); equivale ao /d/, son oclusivo dental sonoro. Minúscula δ, maiúscula Δ. Adoita transcribirse como d. O seu nome provén do da cuarta letra do alfabeto fenicio dālet. Como signo numérico representaba o catro. En maiúscula serve tamén para designar o cuarto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o cuarto da Odisea.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne