Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Dennis Andrew Nilsen ![]() 23 de novembro de 1945 ![]() Fraserburgh, Reino Unido ![]() |
Morte | 12 de maio de 2018 ![]() Full Sutton, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | asasino en serie, sindicalista ![]() |
Período de actividade | 1978 ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico ![]() |
Outro | |
Condenado por | asasinato (1983) ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Dennis Andrew Nilsen, nado o 23 de novembro de 1945, e finado o 12 de maio de 2018, foi un asasino en serie[1] escocés e necrófilo que asasinou polo menos doce mozos entre 1978 e 1983 en Londres. Condenado pola corte criminal de Old Bailey por seis cargos de asasinato e dous de intento de asasinato, Nilsen foi sentenciado a cadea perpetua o 4 de novembro de 1983, coa recomendación de que estivese preso un mínimo de vinte e cinco anos. Esta recomendación foi modificada posteriormente a de por vida en decembro de 1994. Nos seus últimos anos, Nilsen estivo preso no cárcere de máxima seguridade de Full Sutton.
Tódolos asasinatos de Nilsen foron cometidos en dous enderezos do Norte de Londres onde residiu entre 1978 e 1983. As súas vítimas foron atraídas a estes enderezos por engano e foron asasinadas por estrangulamento, ás veces acompañadas de afogamento. Despois de cada morte, Nilsen facía un ritual no que bañaba e vestía o corpo da vítima, que conservaba durante longos períodos de tempo, antes de facer unha disección e eliminar os restos queimándoos nunha fogueira ou botándoos polo retrete.
Nilsen foi coñecido como o asasino de Muswell Hill, xa que os seus últimos asasinatos cometeunos no distrito de Muswell Hill, no norte de Londres. Morreu no hospital de York o 12 de maio de 2018 dunha embolia pulmonar e unha hemorraxia retroperitoneal, que se produciu despois dunha cirurxía para eliminar un aneurisma aórtico abdominal.