![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1936 ![]() Motueka, Nova Zelandia (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 4 de outubro de 1992 ![]() Mount Panorama, Australia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (1965–1974), piloto de automobilismo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Nova Zelandia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans ![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Denis Clive "Denny" Hulme, OBE, nado o 18 de xuño de 1936 e finado o 4 de outubro de 1992, foi un piloto de Fórmula Un de Nova Zelandia, Campión do Mundo co equipo Brabham en 1967.
Entre o seu debut en Mónaco en 1965 e a súa última carreira no Gran Premio dos Estados Unidos de 1974, comezou 112 Grandes Premios, logrando oito vitorias e 33 podios. Tamén terminou terceiro na posición xeral en 1968 e 1972.[1]
Hulme demostrou versatilidade dominando a Canadian-American Challenge Cup (Can-Am) no Grupo 7 sports cars. Como membro do equipo McLaren que gañou cinco títulos consecutivos entre 1967 e 1971, gañou o campionato individual de pilotos dúas veces e foi subcampión noutras catro ocasións.[1]
Logo da súa estancia na Fórmula Un con Brabham, Hulme correu para McLaren en varios formatos -Fórmula 1, Can-Am, e nas 500 Millas de Indianápolis. Hulme retirouse da Fórmula Un ao final da tempada de 1974, pero continuou correndo nas Australian Touring Cars.
Hulme foi alcumado 'The Bear' ("o oso"), debido á súa "natureza agresiva" e "rasgos duros". Con todo, tamén era "sensible (...) incapaz de expresar os seus sentimentos, agás nun coche de competición."[2]
Durante a súa carreira, Hulme pilotou os coches máis potentes da súa época. Correu en F1, F2, Indycars, Berlinas/Turismos, CanAm e carreiras de resistencia, todo durante a mesma tempada. Logo de retirarse da F1, ata pilotou en carreiras de camións.
Hulme morreu dun ataque ao corazón mentres conducía un BMW M3 durante a Bathurst 1000 en Australia, converteuse no sétimo excampión da Fórmula Un en morrer, e o primeiro en morrer dee causas naturais (logo de tres accidentes nas carreiras, dous accidentes na vía pública e un accidente cunha aeronave).