Denver é a cidade máis grande e capital do Estado de Colorado, Estados Unidos. Ademais, e despois de El Paso, é o condado con máis habitantes do estado. Está situada no río South Platte, no extremo occidental dos High Plains, ao leste das Montañas Rochosas (Rocky Mountains, en inglés). O distrito central de Denver sitúase inmediatamente ao leste da confluencia do afluenteCherry Creek co ríoSouth Platte, aproximadamente a 19 quilómetros ao leste do contraforte das Montañas Rochosas. Denver é coñecida como A cidade dunha milla de altura (Mile-High City) debido a que a súa altura oficial é exactamente dunha milla (aproximadamente 1,62 quilómetros) sobre o nivel do mar (nos banzos do edificio capital do estado). A poboación estimada en 2011 era de 619.968, o que facía de Denver a 23ª cidade máis poboada dos Estados Unidos. A área metropolitana de Denver-Aurora-Broomfield tiña unha poboación en 2011 duns 2 599 504 de habitantes, e por iso foi clasificada como a 21ª área metropolitana máis poboada do país. Ademais, Denver é a segunda cidade máis poboada da rexión de Moutain West e do suroeste dos Estados Unidos despois de Phoenix.