Denver Nuggets | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Noroeste |
Fundación | 1967 |
Historia | Denver Rockets (1967–1974) |
Cores | Azul, dourado |
Retirados | 7 (2, 12, 33, 40, 44, 55, 432) |
Localización | |
Cidade | Denver, Colorado |
Pavillón | Ball Arena |
Capacidade | 19.155 espectadores |
Inauguración | 1 de outubro de 1999 |
Persoal | |
Propietario(s) | Ann Walton Kroenke |
Director | Calvin Booth |
Adestrador | Michael Malone |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | ABA: 1 (1976) NBA: 1 (2023) |
División | ABA: 2 (1970, 1975) NBA: 10 (1977, 1978, 1985, 1988, 2006, 2009, 2010, 2019, 2020, 2023) |
nuggets.com |
Os Denver Nuggets son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Denver, Colorado. Os Nuggets xogan na División Noroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). O equipo foi fundado en 1967 co nome de Denver Larks, sendo unha das franquías fundadoras da American Basketball Association (ABA), aínda que mudaron o seu nome antes do comezo da súa primeira temporada a Denver Rockets. En 1974 adoptaron o seu actual nome, chegando a xogar en 1976 a final da competición.
O equipo uniríase á NBA en 1976 despois da fusión desta competición coa ABA. Tras o seu ingreso na liga goza de verios períodos de explendos, xogando os playoffs durante nove temporadas consecutivas nos anos 1980. Porén, o equipo aínda non consegue chegar a unha final da competición desde o seu último na ABA. Os Nuggets xogan os seus partidos como local no Ball Arena, pavillón que comparten cos Colorado Avalanche da National Hockey League (NHL).