O determinismo é unha doutrina filosófica que sostén que todo acontecemento físico, incluíndo o pensamento e accións humanas, está causalmente determinado pola irrompible cadea causa-consecuencia, e polo tanto, o estado actual "determina" nalgún sentido o futuro. Existen diferentes formulacións de determinismo, que se diferencian nos detalles das súas afirmacións. Para distinguir as diferentes formas de determinismo convén clasificalas de acordo co grao de determinismo que postulan:
Cómpre salientar que existe unha diferenza importante entre a determinación e a predictibilidade dos feitos. A determinación implica exclusivamente a ausencia de azar na cadea causa-efecto que dá lugar a un suceso concreto. A predictibilidade é un feito potencial derivado da determinación certeira dos sucesos, pero esixe que se coñezan as condicións iniciais (ou de calquera punto) da cadea de causalidade.