Detroit Pistons | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Central |
Fundación | 1941 |
Historia | Fort Wayne Pistons (1941-1957) |
Cores | Vermello, azul |
G League | Grand Rapids Drive |
Retirados | 9 (2, 3, 4, 10, 11, 15, 16, 21, 40) |
Localización | |
Cidade | Auburn Hills, Míchigan |
Pavillón | The Palace of Auburn Hills |
Capacidade | 21.231 espectadores |
Inauguración | 13 de agosto de 1988 |
Persoal | |
Propietario(s) | Tom Gores |
Presidente | Stan Van Gundy |
Director | Jeff Bower |
Adestrador | Stan Van Gundy |
Títulos | |
Campión | 3 (1989, 1990, 2004) |
Conferencia | 7 (Oeste: (2) 1955, 1956, Leste: (5) 1988, 1989, 1990, 2004, 2005) |
División | 9 (1988, 1989, 1990, 2002, 2003, 2005, 2006, 2007, 2008) |
pistons.com |
Os Detroit Pistons son un equipo profesional de baloncesto, con base en Detroit, Míchigan. Xogan na División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA).
Os Pistons fundáronse en 1941, xogando primeiramente na NBL ata a súa entrada na NBA en 1948. Ata 1958, o equipo xogou en Fort Wayne, Indiana. Entre os éxitos da franquía atópanse dous campionatos da NBL e tres da NBA, dous deles consecutivos en 1989 e 1990, e o terceiro en 2004. Tamén contan con 7 títulos de conferencia e 15 de división (4 deles pertencen á NBL). Os seus partidos coma local os xogan en The Palace of Auburn Hills.