Dexys Midnight Runners | |
---|---|
![]() A banda en 2012 | |
Orixe | Birmingham, ![]() |
Período | 1978 - 1986 2003 - presente |
Xénero(s) | pop rock, new wave, blue-eyed soul, folk celta |
Selo(s) discográfico(s) | Oddball, EMI, Mercury, BMG, Windsong, Absolute Dexys, 100% / Warner |
Membros | Kevin Rowland Jim Paterson Sean Read Michael Timothy Lucy Morgan |
Na rede | |
dexysofficial.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dexys Midnight Runners (no presente Dexys, o seu antigo alcume, estilizado sen un apóstrofe)[1][2] é unha banda inglesa de pop rock, con influencias soul, procedente de Birmingham e que tivo un gran éxito comercail de principios a mediados dos anos 80. O grupo é moi coñecido no Reino Unido grazas aos seus temas "Geno" e "Come On Eileen", que acadaron o número 1 da lista británica de sinxelos, entrando outros 6 sinxelos da banda no top 20. "Come On Eileen" tamén foi número 1 na lista estadounidense Billboard Hot 100, e, cunha ampla reprodución na MTV, están asociados coa Segunda Invasión Británica.[3][4]