Un diagrama[1] é unha representación visual simplemente estruturada dun concepto ou idea dada; un esquema que se pode utilizar para axudar a establecer un concepto ou idea dun xeito máis conciso, práctico e preciso.[2]
Adoita estar relacionado coa ciencia e a arte, como mostra por exemplo a serie documental The Beauty of Diagrams producida pola BBC en 2010.[3]
Os diagramas pódense clasificar en: ilustrativos, estatísticos, relacionais, organizativos e temporais.[4]
Pódense considerar unha das formas de infografía máis complexas que existen e tamén as que requiren maiores habilidades artísticas.[5]
Os diagramas requiren lendas e textos para complementar a información gráfica e serven para mostrar como pasou algo, como é algo por dentro ou como funciona un determinado mecanismo.[2][5]