Un diagrama de fluxo[1] ou organigrama[2][3] é un tipo de diagrama que representa un fluxo de traballo ou proceso. Un diagrama de fluxo tamén se pode definir como unha representación esquemática dun algoritmo, un enfoque paso a paso para resolver unha tarefa.
O diagrama de fluxo mostra os pasos como caixas de varios tipos, e a súa orde conectando as caixas con frechas. Esta representación esquemática ilustra un modelo de solución para un problema dado. Os diagramas de fluxo utilízanse para analizar, deseñar, documentar ou xestionar un proceso ou programa en varios campos.[4]