![]() | |
Estrutura dos dominios de unión ao ARN bicatenario e de RNaseIIIb do Dicer de rato | |
Dicer 1, ribonuclease tipo III
| |
Identificadores | |
Símbolo | DICER1 |
Símbolos alt. | DCR1; Dicer; Dicer1e; HERNA; K12H4.8-LIKE; MNG1; RMSE2 |
Entrez | 23405 |
OMIM | |
RefSeq | NP_001182502 |
UniProt | Q9UPY3 |
Outros datos | |
Número EC | 3.1.26.3 |
Locus | Cr. 14 :(95.09 – 95.16 Mb) |
Dicer (/díθer/), tamén chamada endorribonuclease Dicer ou helicase con motivo de RNase, é unha proteína encimática que nos humanos está codificada no xene DICER1, situado no cromosoma 14. Dicer forma parte da familia da RNase III e cliva (corta) ARNs bicatenarios e pre-microARN (pre-miARN) en curtos fragmentos de ARN bicatenarios chamados ARNs interferentes pequenos (cando proceden de ARNs bicatenarios) e microARNs (cando proceden de pre-miARNs). Estes fragmentos son de aproximadamente 20-25 pares de bases de lonxitude e teñen un extremo 3' que sobresae de 2 bases. Dicer facilita a activación do complexo silenciador inducido por ARN (RISC), que é esencial para que se poida realizar a interferencia de ARN. O RISC ten un compoñente catalítico chamado Argonauta, que é unha endonuclease con capacidade de degradar ARNs mensaxeiros (ARNm).