Die schweigsame Frau A muller silenciosa | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Stefan Zweig |
Fontes literarias | Epicoene, or the Silent Woman, de Ben Jonson |
Estrea | 24 de xuño de 1935 |
Teatro da estrea | Semperoper |
Lugar da estrea | Dresde |
Música | |
Compositor | Richard Strauss |
Personaxes | |
Véxase Personaxes |
Die schweigsame Frau (en galego A muller silenciosa) é unha ópera en 3 actos con música de Richard Strauss sobre un libreto en alemán de Stefan Zweig baseada na obra de Ben Jonson Epicoene, or the Silent Woman. A súa estrea tivo lugar o 24 de xuño de 1935 na Semperoper de Dresden baixo a dirección de Karl Böhm.