Dim Stars | |
---|---|
Orixe | ![]() |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Ecstatic Peace!, Caroline Records, Paperhouse |
Membros | Richard Hell Thurston Moore Steve Shelley Don Fleming |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Dim Stars foi un supergrupo de rock alternativo activo brevemente a principios dos anos 90. Estaba composto polo baixista Richard Hell de Richard Hell and the Voidoids, o guitarrista Thurston Moore e o batería Steve Shelley de Sonic Youth e o guitarrista Don Fleming de Gumball; tamén chegou a colaborar tocando a guitarra Robert Quine, tamén de The Voidoids. O seu primeiro lanzamento foi un conxunto en edición limitada de tres EPs de 7", que posteriormente editaron como un único CD en 1992.[1] A este seguiulle un álbum, Dim Stars, publicado o mesmo ano. O grupo nunca saíu de xira e separouse despois da publicación do disco.