Dinheirosaurus

Dinheirosaurus

3ª a 9ª vértebras dorsais
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Sauropodomorpha
Infraorde: Sauropoda
Familia: Diplodocidae
Subfamilia: Diplodocinae
Xénero: '' Dinheirosaurus''
Bonaparte & Mateus, 1999
Especie: D. lourinhanensis
Bonaparte & Mateus, 1999
Nome binomial
' Dinheirosaurus lourinhanensis'

Dinheirosaurus ("lagarto de Porto Dinheiro") é un xénero de dinosauros saurópodos diplodócidos. Os seus restos encontráronse na sección superior (do Kimmeridgiano[1]) dos estratos do Xurásico Superior da formación Camadas de Alcobaça en Porto Dinheiro, Lourinhã, Portugal. Os fósiles describíronos en 1999 Bonaparte e Mateus, despois de que os atoparan en 1987[2].

O material encontrado foi inicialmente asignado ao xénero da mesma época previamente descrito Lourinhasaurus debido a diversas semellanzas. Porén, posteriores análises revelaron que o fósil era unha clase diferente de saurópodo e foille asignado un xénero propio, Dinheirosaurus. Os dous xéneros foron durante certo tempo considerados como posibles sinónimos, pero a interpretación posterior de ambos os restos non deixou dúbidas sobre o seu status independente.

A especie tipo e única do xénero é Dinheirosaurus lourinhanensis, nomeada pola localidade portuguesa da Lourinhã.

  1. Toma o nome de Kimmeridge, Dorset. Inglaterra, polos estratos que se encontran alí.
  2. Bonaparte, J.F., & Mateus, O. (1999). "A new diplodocid, Dinheirosaurus lourinhanensis gen. et sp. nov., from the Late Jurassic beds of Portugal Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.". Revista del Museo Argentino de Ciencias Naturales. 5(2): 13-29.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne