Diorama

Diorama dun belén do Nadal
Diorama do pobo Monpa, no Museo Jawaharlal Nehru, Itanagar, Arunachal Pradesh, na India
Gorila nun diorama do Museo de Historia Natural de Nova York
Restauración en proceso dun dos paneis dun diorama orixinal de Daguerre

Un diorama[1] (do grego di-, "a través de", e orama, "o que é visto") é un tipo de maqueta que mostra figuras humanas, vehículos, animais ou seres imaxinarios na composición, presentados nun espazo co propósito de representar unha escena.[2]

Ás veces sitúase diante dun fondo pintado ou impreso de maneira que simule unha contorna real, completado normalmente con efectos de iluminación. Poden representar escenas da natureza, urbanas, eventos históricos, batallas etc. ben con fins didácticos ou de entretemento.

O termo foi acuñado por Daguerre en 1822 para un tipo de expositor rotativo[3] e popularizado a fins do século XIX e principios do XX por Frank Chapman, conservador do Museo Americano de Historia Natural.[4]

En ocasións, a terceira dimensión —a profundidade ou grosor— é moi pequena comparada coas outras dúas, ao estar destinado á observación desde un punto de vista fixo. A este tipo de presentación é ao que algúns autores reservan en exclusiva o termo diorama. Por ese motivo, ao efecto consistente en presentar fotografías de elementos grandes como se fosen maquetas chámase efecto diorama.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para diorama.
  2. Hernández (1991)
  3. Wood (1997), p.35
  4. Gernsheim & Gernsheim (1968)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne