Dirty | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sonic Youth | ||||
Publicado | 21 de xullo de 1992 | |||
Gravación | 1992 | |||
Duración | 58:45 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Produtor | Butch Vig, Sonic Youth | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Dirty é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, e foi orixinalmente editado o 21 de xullo de 1992 polo selo DGC Records. Lanzárose catro sinxelos do álbum, "100%", "Youth Against Fascism", "Sugar Kane" e "Drunken Butterfly", todos eles con cadanseu vídeo musical (o derradeiro deles feito por un seareiro). Todos os vídeos aparecen no recompilatorio en DVD Corporate Ghost.
O 25 de marzo do 2003 editouse unha edición deluxe do álbum con dous CDs. Esta edición estaba formada polos temas do álbum orixinal máis caras-B, demos e gravacións non editadas anteriormente.
Dirty foi elixido mellor álbum do ano 1992 polas publicacións Alternative Press e Entertainment Weekly[1][2].