Dirty Dancing | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dirty Dancing |
Director | Wayne Blair |
Produtor |
|
Guión | Jessica Sharzer |
Intérpretes | |
Fotografía | John Lindley |
Montaxe | Michael P. Shawver |
Estudio |
|
Distribuidora | ABC |
Estrea | 24 de maio de 2017 1 de xullo de 2023 (TVG) |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Romance e musical |
Na rede | |
Dirty Dancing é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Wayne Blair e escrito por Jessica Sharzer. É un remake do filme de 1987 Dirty Dancing. Está protagonizado por Abigail Breslin, Colt Prattes, Debra Messing, Bruce Greenwood, Sarah Hyland, Nicole Scherzinger e Tony Roberts. Estreouse o 24 de maio de 2017 a través de ABC.[1] Na súa emisión orixinal, o filme foi visto por 6,61 millóns de especadores.[2] Recibiu valoracións mixtas ou negativas da maioría dos críticos, e a actuación de Nicole Scherzinger foi a única que recibiu eloxios.[3][4]
Estreouse en galego o 1 de xullo de 2023 a través da TVG.[5]