Epónimo | Kalangala (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Central (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital | Kalangala (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.661 (2002) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9.103 km² ![]() | ||||
Altitude | 1.240 m ![]() | ||||
ISO 3166-2 | UG-101 ![]() | ||||
Sitio web | kalangala.go.ug ![]() |
Kalangala é un distrito do sur da Rexión Central de Uganda. O distrito corresponde coas Illas Ssese do Lago Vitoria e non ten superficie na propia terra principal de Uganda. Como os demais distritos, é chamado así pola súa capital, Kalangala, que se atopa na Illa Bugala, a maior das Illas Ssese.
Limita cos distritos de Mpigi e Wakiso polo norte, co Distrito Mukono polo nordeste e leste, coa República de Tanzania polo sur, co Rakai polo suroeste, co Distrito Masaka polo oeste e co Distrito Kalungu polo noroeste.
Cobre unha área de 9066,8 km2, dos cales só 432,1 km2 (4.8%) son terra e o resto é auga. Componse de 84 illas esparexidas polo noroeste do Lago Vitoria, das cales se atopan habitadas 43. A maior das illas, Bugala, posúe unha área de 296 km2, o 68.5% do terreo do distrito.
O censo do 2002 estimaba a súa poboación en 34.800 habitantes.
Os tres piares da economía do distrito son a pesca, o turismo e a agricultura.