Epónimo | Bugiri (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Leste (pt) | ||||
Capital | Bugiri (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 480.400 (2020) (84,27 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua adhola Língua nyole (pt) saamia (en) Língua lusoga (pt) Kenyi (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.700,93 km² | ||||
ISO 3166-2 | UG-201 | ||||
Sitio web | bugiri.go.ug |
Bugiri District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, chamado así pola súa poboación capital, Bugiri. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación de arredor de 266.900 persoas.
Limita cos Distritos Namutumba e Butaleja polo norte, co Distrito Tororo polo nordeste, co Distrito Busia polo leste, co Distrito Namayingo polo sueste, co Distrito Mayuge polo suroeste e co Distrito Iganga polo oeste.
Este distrito formouse a partir do Distrito Iganga, ao que pertencían as súas terras. O relevo caracterízase por suaves outeiros con altos illados. Tamén é de destacar o feito de que gran parte do territorio se encontra na conca que drena os Lagos Lago Victoria e Kyoga. Como consecuencia disto hai moitos regatos que cruzan a rede de estradas, facendo o seu mantemento moi custoso. En xullo de 2010, a parte sur do Distrito foi separada para formar o Distrito Namayingo.[1]
O Distrito forma parte da subrexión Busoga, o que vén sendo o Reino Busoga, un dos reinos recoñecidos de Uganda.
Economicamente, a agricultura é a principal actividade, como sucede no resto do Estado, aínda que aquí, a Tilda Uganda Limited (TUL), unha compañía pertencente ao Grupo Madhvani, cultiva arroz na parte leste do distrito, así como tamén merca o que a xente produce.
Debido á abundancia de corpos de auga no distrito, a pesca comercial é unha actividade amplamente practicada tamén.