Lema | «Ventvris Ventis» ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil ![]() | ||||
Capital | Brasilia ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.570.160 (2010) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.760,8 km² ![]() | ||||
Altitude | 1.124 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Pico do Roncador (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 21 de abril de 1960 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo do Distrito Federal (pt) ![]() ![]() | ||||
• Governador (pt) ![]() ![]() | Ibaneis Rocha (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Legislativa do Distrito Federal (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-DF ![]() | ||||
Sitio web | df.gov.br ![]() |
O Distrito Federal é unha das vinte e sete unidades federativas do Brasil. Está situado na Rexión Centro Oeste e limita co estado de Goiás ao sur, oeste, norte e leste e Minas Xerais a sueste. Está dividido en 31 rexións administrativas e a súa área total é de 5.801,937 km², sendo así a menor unidade federativa brasileira. No seu territorio, está localizada a capital federal do Brasil, Brasilia, que é tamén a sede de goberno do Distrito Federal.
O actual Distrito Federal foi ideado a través dun proxecto do entón presidente Juscelino Kubitschek de mudar a capital nacional de Río de Xaneiro cara ao centro do país. Até a creación de Brasilia, antes de Río de Xaneiro, a capital era Salvador.[1] No período colonial brasileiro (1500-1815), a área formaba parte da Capitanía de San Xurxo dos Ilhéus, baixo a rexencia de Jorge de Figueiredo Correia. Porén, co fin das capitanías no Brasil, xurdiron diversas cidades na rexión, incluíndo Ilhéus e, máis tarde, a propia Brasilia, construída por iniciativa do presidente brasileiro Juscelino Kubitschek.[2]