Epónimo | Otuke (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Norte (pt) | ||||
Capital | Otuke (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.549,8 km² | ||||
Altitude | 1.200 m | ||||
ISO 3166-2 | UG-329 e UG-330 | ||||
Otuke District é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como a maioría dos distritos ugandeses, o seu nome provén da poboación capital, Otuke.
O distrito limita co Distrito Agago polo norte, co Distrito Abim polo nordeste, co Distrito Napak polo leste, co Distrito Amuria polo sueste, co Distrito Alebtong polo sur, co Distrito Lira polo suroeste e co Distrito Pader polo noroeste. Otuke, a cabeceira, atópase aproximadamente a 66 km ao leste de Lira, a principal cidade da subrexión.[1]
O distrito separouse do Distrito Lira o 1 de xullo de 2009.[2] Forma parte da subrexión Lango, que consiste nos distritos abaixo listados, lar dun millón e medio de persoas.
O censo do ano 2002 dáballe unha poboación estimada de 62.000 habitantes. No 2009, a poboación do distrito tiña estimados 77.800 habitantes.[3]