Гал араион (ab) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado non recoñecido | República de Abkhazia | ||||
Capital | Gali (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 30.247 (2015) (30,16 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.003 km² | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Q4362771 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 28 | ||||
O distrito de Gali (en xeorxiano: გალის რაიონი, en abkhazo: Гал араион, en ruso: Гальский район) é un distrito de Abkhazia. A súa capital é Gali, a vila homónima. O distrito é máis cativo que o epónimo da subdivisión de Xeorxia, xa que unha parte do seu territorio é hoxe parte do distrito de Tkvarcheli, formado polas autoridades abkhazas en 1995.
A poboación do distrito era de 29 287 segundo o censo do 2003 levado a cabo Abkhazia, mais a república é cuestionada por diversos observadores internacionais;[1] estimouse nuns 45 000 no 2006, malia que as autoridades abkhazas rexeitaron esta cifra alegando que polo menos 65 000 volveran ó distrito ese ano.[2]