Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
A ditadura de Primo de Rivera foi o réxime político que houbo en España desde o golpe de Estado do capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923, ata a súa dimisión o 28 de xaneiro de 1930 e a substitución pola chamada dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer.
A pesar dos seus esforzos de rexeneración e o inmenso progreso da economía e as infraestruturas, a ditadura foi capaz de estabilizar a situación política durante un longo período, pero a finais da ditadura produciuse unha crise política que desprestixiou o rei Afonso XIII e achandou o camiño á Segunda República Española.
Foi considerada como «o primeiro ensaio de institucionalización consciente do nacionalismo español» autoritario cuxo instrumento foi o Exército, fortemente corporativo e militarista.[1]