Ditadura do proletariado é un termo empregado e postulado polo marxismo para referirse ó estado de transición revolucionaria entre o capitalismo e a sociedade comunista[1]. O termo non se refire a unha concentración de poder nun ditador, senón a unha situación na que o proletariado ten o poder e substitúe o sistema político controlado pola burguesía (ditadura da burguesía). Esta etapa de transición é denominada tamén por moitos marxistas como socialismo.