Diu vi Salvi Regina | |
---|---|
Himno de | Córsega |
Letra | Francisco de Xerónimo 1675 |
Música | Melodía popular |
Adoptado | 30 de xaneiro de 1735 |
Diu vi Salvi Regina (corso para Deus te salve raíña) é un canto relixioso adicado á Virxe María creado en Italia por san Francisco de Xerónimo cara ao 1675, aínda que algunhas tradicións afirman que o autor foi un pastor de Niolu, Salvadore Costa. Foi adoptado coma himno nacional de Córsega na Consulta de Corte, o 30 de xaneiro de 1735, cando a república de Córsega decidiu proclamar a súa independencia de Xénova e pediu a protección da Virxe María. Dende aquela o nacionalismo corso reivindicouno coma Himno Nacional de Córsega.