Dolby Theatre | |
---|---|
![]() Fachada do Dolby Theatre en Hollywood | |
Edificio | |
Tipo | teatro e sala de concertos ![]() |
Coordenadas | 34°06′10″N 118°20′25″O / 34.102777777778, -118.34027777778 |
Implicados | |
Arquitecto(s) | David Rockwell ![]() |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Dolby Theatre (antigamente coñecido como Kodak Theatre)[1] é un auditorio para espectáculos e un complexo de entretemento localizado no Hollywood Boulevard da Avenida North Highland, no distrito de Hollywood da cidade dos Ánxeles, Estados Unidos. Dende a súa inauguración o 9 de novembro de 2001, o teatro acolleu as cerimonias dos Premios Óscar, sendo a sede por vez primeira en marzo de 2002. É a primeira casa permanente da cerimonia de premios anuais.