Don Pasquale

Don Pasquale
Don Pascual
Don Pasquale, estrea de Londres (do Illustrated London News, 8 de xullo de 1843).
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaG. Ruffini e o compositor
Fontes literariasBaseado no libreto de Angelo Anelli para a ópera de Pavesi Ser Marc'Antonio[1]
Estrea3 de xaneiro de 1843
Teatro da estreaThéâtre-Italien
Lugar da estreaParís
Duración2 horas[2]
Música
CompositorGaetano Donizetti
Personaxes

Don Pascuale (baixo)
Doctor Malatesta (barítono)
Un notario (baixo ou barítono)
Norina (soprano lixeira)
Ernesto (tenor lírico ou lixeiro)
Criados[3]

Don Pasquale é unha ópera buffa en tres actos do músico italiano Gaetano Donizetti (Bérgamo, 1797-1848). O compositor, xunto con Giovanni Ruffini, escribiu o libreto baseándose no que A. Anelli fixo para a ópera de Stefano Pavesi, Ser Marc'Antonio (1810).

Estreouse en París, o 3 de xaneiro de 1843, o cabo de ser nomeado Donizetti director musical da corte do emperador Fernando I de Austria. Don Pascual é a ópera número 64 das 70 que compuxo.

  1. Guía visual de la Ópera, Espasa.
  2. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 159. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  3. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne