Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Guipúscoa ![]() | ||||
Capital | Donostia ![]() | ||||
Donostialdea é unha comarca do nordés de Guipúscoa, en Euskadi. Engloba os concellos situados nos arredores da capital provincial, Donostia, que tamén é a capital da comarca.
Ocupa a parte baixa das concas dos ríos Urumea, Oiartzun e Oria, aínda que non a desembocadura deste último. Limita polo norte co mar Cantábrico, polo oeste con Urola Kosta, polo leste coa Bidasoaldea, polo sur con Tolosaldea e polo sueste con Navarra, concretamente coa comarca de Leitzaldea.
Ás veces a súa zona oriental é considerada unha subcomarca chamada Oiartzualdea, formada polos concellos de Errenteria, Lezo, Oiartzun e Pasaia.