Dookie

Dookie
Álbum de Green Day
Publicado1 de febreiro de 1994
Gravaciónsetembro - outubro de 1993
Estudio(s)Fantasy Studios en Berkeley (California)
Duración39:38
Xénero(s)punk rock, rock alternativo, pop punk
Selo(s)Reprise Records
ProdutorRob Cavallo e Green Day
Cronoloxía
Kerplunk Dookie Insomniac
Na rede
Spotify: 4uG8q3GPuWHQlRbswMIRS6 Discogs: 33170 Allmusic: mw0000107965 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dookie é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock Green Day, editado o 1 de febreiro de 1994 a través do selo Reprise Records. Foi a primeira colaboración do grupo co produtor Rob Cavallo e a súa estrea cunha gran discográfica. Dookie`` converteuse nun éxito comercial en todo o mundo, chegando ao número 2 da Billboard 200 e entrando nas listas de sete países. O álbum impulsou a Green Day cara o gran público, e a comunidade punk rock dixo que a banda “se vendera”.

Dookie produciu cinco exitosos sinxelos: "Longview", a regravada "Welcome to Paradise", "Basket Case", "When I Come Around" e "She". No ano 2010 Dookie era o álbum máis vendido da banda, con 15 millóns de copias mercadas en todo o mundo. O disco gañou o Grammy ao mellor álbum de música alternativa en 1995. No ano 2003 a revista Rolling Stone situou a Dookie no número 193 da súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos, e en abril do ano 2016 a mesma publicación colocouno no posto 18 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]

  1. Rolling Stone (ed.). "Lista dos '40 mellores álbums de punk de todos os tempos'". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne