Douban 豆瓣 | |
---|---|
![]() | |
![]() Sede central de Douban en Beijing | |
Tipo | Base de datos, agregador de críticas, rede social |
Data de fundación | 6 de marzo de 2005 |
Fundador(es) | Yang Bo |
Sede | Pequín |
País | República Popular da China |
Na rede | |
www.douban.com | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Douban.com (chinés simplificado: 豆瓣; pinyin: Dòubàn), inaugurada o 6 de marzo do 2005, é unha base de datos en liña e rede social chinesa que permite aos usuarios rexistrar información e crear contidos relacionados co cinema, os libros, a música, eventos recentes, e actividades realizadas nas cidades da China.[1][2] O seu nome procede dun hutong do distrito de Chaoyang, en Beijing, onde vivía o seu creador mentres traballaba na páxina.[3]
Nos seus comezos, Douban estaba aberta tanto a usuarios rexistrados como non rexistrados. Para aqueles, a páxina recomendaba libros, películas e música, ademais de funcionar como unha rede social ao estilo de WeChat ou Weibo. Para os non rexistrados, a páxina ofrece valoracións e recensións de obras.
A data de 2021, Douban conta con case 990 millóns de usuarios rexistrados, así como autores e críticos que empregan a web como páxina oficial.[4] A plataforma foi comparada con IMDb, Rotten Tomatoes ou Goodreads.[5][6][7]