Douglas DC-6 | |
---|---|
Douglas DC-6 de Western Airlines | |
Tipo | pasaxe e transporte |
Fabricante | Douglas Aircraft Company |
Primeiro voo | 15 de febreiro de 1946 |
Produción | 1946 - 1958 |
Unidades construídas | 704 |
Variantes | Douglas DC-7 |
O Douglas DC-6 é un avión de pasaxe e transporte fabricado por Douglas Aircraft Company dende 1946 ata 1958. Orixinalmente pretendeu ser un transporte militar para as útimas etapas da segunda guerra mundial, pero foi redeseñado unha vez rematada a guerra para competir co Lockheed Constellation no mercado do transporte aéreo de longo alcance. Fabricáronse máis de 700 unidades e algúns deles aínda voan como cargueiros ou na extinción de incendios.
O DC-6 foi coñecido como C-118 Liftmaster na Forza Aérea dos Estados Unidos e como R6D na Armada dese país ata 1962, cando todas as variantes pasaron a designarse C-118.