Doyle's Delight


O monte Doyle’s Delight é, cunha altura de 1124 metros, a maior elevación montañosa de Belize, en América Central. Está situado no suroeste do país. Durante moito tempo o Pico Victoria foi considerado o cumio máis elevado de Belize, mais novas medicións mostraron que o Doyle's Delight era 4 metros máis alto. Como o Pico Vitoria, pertence aos Montes Maia, nos lindes entre as provincias de Toledo e Cayo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne