Dredd | |
---|---|
![]() | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dredd |
Director | Pete Travis |
Produtor | Alex Garland Andrew MacDonald Allon Reich |
Guión | Alex Garland |
Baseado en | Judge Dredd, de John Wagner e Carlos Ezquerra |
Intérpretes | Karl Urban Olivia Thirlby Wood Harris Lena Headey |
Música | Paul Leonard-Morgan |
Fotografía | Anthony Dod Mantle |
Montaxe | Mark Eckersley |
Estudio | DNA Films IM Global Reliance Entertainment |
Distribuidora | Entertainment Film Distributors Lionsgate |
Estrea | 2012 |
Duración | 95 minutos [1] |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Acción |
Orzamento | 45 000 000 $ [2] |
Recadación | 41 400 000 $ [3] |
Na rede | |
http://www.dreddthemovie.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dredd é un filme de ciencia ficción e cine de acción estreado no 2012, dirixido por Pete Travis e escrito e producido por Alex Garland. Baseouse no protagonista da serie de banda deseñada Judge Dredd da publicación 2000 AD, creado por John Wagner e Carlos Ezquerra. Karl Urban é o protagonista do filme no papel de Judge Dredd, un axente da lei coas capacidades de xuíz, xurado e verdugo, nunha gran metrópole distópica chamada Mega-City One situada nun ermo postapocalíptico. Dredd e a súa compañeira Judge Anderson (Olivia Thirlby) acoden a un bloque rañaceos de 200 pisos para facer cumprir a lei e axustizar a xefa mafiosa da droga residente, Ma-Ma (Lena Headey).
Garland comezou a escribir o guión do filme no 2006, aínda que o desenvolvemento desta nova adaptación de Judge Dredd, sen relación co filme homónimo de 1995, non se fixo público ata decembro do 2008. Producida polo estudio británico DNA Films, a rodaxe comezou en novembro do 2010, facendo uso extensivo de cámaras 3D. As localizacións desta rodaxe foron en Cidade do Cabo e Xohanesburgo.
Dredd estreouse o 7 de setembro do 2012 no Reino Unido e o 21 de setembro do mesmo ano no resto do mundo. As críticas do filme foron positivas en relación os efectos visuais, o elenco de actores e a acción. Porén, o filme recibiu algunhas críticas negativas enfocadas principalmente na percepción dunha falta de elementos satíricos propios da banda deseñada homónima e no exceso de violencia. Malia a boa recepción crítica xeral, o filme tan só conseguiu recadar pouco máis de 41 millóns de dólares nos cines, partindo dun orzamento estimado duns 45 millóns de dólares. O filme si obtivo un maior éxito trala publicación das edicións para o fogar, pasando a estar considerado por moitos como un filme de culto. A baixa recadación nos cines fixo que unha secuela fose improbable, pero o bo número de vendas das edicións domésticas e os esforzos dos afeccionados apoiados pola editorial de 2000 AD, Rebellion, mantiveron viva a posibilidade dun segundo filme.