Dualismo | |
---|---|
![]() O cadro de William Blake The Good and Evil Angels (Os anxos bos e malos) é unha representación artística do dualismo do ben e o mal. Sobre isto, Blake dixo que é mellor un mal activo que un ben pasivo, introducindo outro 'par polar' (actividade-pasividade ou dinamismo-estatismo). | |
Tipo | Concepto filosófico |
Propósito | Explicar a existencia e relación entre dúas substancias ou principios fundamentais. |
Campo de traballo | Filosofía, teoloxía, psicoloxía |
Fundador(es) | Non hai un fundador, senón unha evolución do concepto, de Platón ou Aristóteles a Descartes ou variacións do concepto en diversas filosofías orientais. |
Traballos destacados | Diversas obras filosóficas discuten o dualismo. Platón trata o tema do mundo das ideas e o mito da cova no seu diálogo "A República" (en grego: Πολιτεία, Politeia); outros filósofos neoplatónicos, en particular do cristianismo, abundan no mesmo concepto. René Descartes é talvez o filósofo máis famoso asociado co dualismo, xa que sostén que mente e materia son substancias distintas. A súa obra "Meditacións sobre a Filosofía Primeira" é unha fonte primaria deste concepto. Outras obras son as de Maniqueo no século III, as antigas escrituras zoroástricas, particularmente os "Gathas" (hinos atribuídos a Zoroastro). Spinoza non é estritamente un dualista, porén a súa distinción entre "Natura Naturans" e "Natura Naturata" é unha forma de dualismo que reflicte a actividade divina e a súa manifestación no mundo. Obras literarias non esencialmente filosóficas, como A Divina Comedia" de Dante Alighieri reflicte a estrutura do "Inferno", o "Purgatorio" e o "Paraíso" Cun entendemento dualista do ben e o mal, e a xornada da alma a través destes reinos. |
Persoas relacionadas | Zoroastro, Platón, Maniqueo, Prisciliano, Agostiño de Hipona, Descartes, bogomilos, albixenses, cátaros, taoistas, cristiáns etc. |
[ editar datos en Wikidata ] |
O dualismo é a idea ou teoría de que algo (un obxecto, unha idea ou o mundo enteiro) está dividido en dúas partes. Estas partes están separadas entre si, e a cousa non se pode dividir doutro xeito.
A idea ou teoría de que algo non se pode dividir en ningunha parte chámase monismo. A idea de que algo se pode dividir en moitas partes chámase pluralismo.
O dualismo tamén é unha idea sobre o sentido común. Por exemplo, é unha forma de dualismo dicir que unha cousa é quente ou fría, boa ou mala, miña ou doutra persoa, sen ter en conta posibles estados no medio. Outro xeito de considerar o dualismo é mediante gradacións de pares de opostos ou pares polares.