O Ducado de Brescia foi un dos ducados instituídos polos longobardos en Italia. A ocupación de Brescia ten lugar durante a primeira fase da invasión longobarda da Italia setentrional, entre o 568 e o 569; a cidade foi unha das cidades onde a presenza longobarda foi maior e que desempeñou un papel de primeira importancia na historia do reino longobardo, achegando tamén personalidades como o rei Rotario.