Dunkerque | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dunkirk |
Director | Christopher Nolan |
Produtor | Emma Thomas Christopher Nolan |
Guión | Christopher Nolan |
Intérpretes | |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Hoyte van Hoytema |
Montaxe | Lee Smith |
Estudio | Syncopy Inc. |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Odeon Leicester Square: 13 de xullo de 2017![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Duración | 106 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Acción |
Orzamento | $100 000 000 |
Recadación | $525 600 000 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/dunkirk | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dunkerque (en inglés: Dunkirk) é un filme bélico de 2017 escrito, producido e dirixido por Christopher Nolan. Conta a historia da evacuación de Dunkerque durante a segunda guerra mundial. Está protagonizado por Fionn Whitehead, Tom Glynn-Carney, Jack Lowden, Harry Styles, Aneurin Barnard, James D'Arcy, Barry Keoghan, Kenneth Branagh, Cillian Murphy, Mark Rylance e Tom Hardy. É unha coprodución entre o Reino Unido, os Estados Unidos, Francia e os Países Baixos, e foi distribuído por Warner Bros.
Dunkerque representa a evacuación dende tres perspectivas: terra, mar e ar. Ten pouco diálogo, xa que Nolan buscaba xerar suspense a través da fotografía e da música. A rodaxe comezou en maio de 2016 en Dunkerque e rematou en setembro dese ano nos Ánxeles, cando comezou a posprodución. O fotógrafo Hoyte van Hoytema rodou o filme en IMAX 65 mm e 65 mm de gran formato. Dunkerque ten moitos efectos especiais manuais, e empregou centos de extras así como barcos históricos da evacuación e avións da época.
Estreouse o 13 de xullo de 2017 en Odeon Leicester Square de Londres, e foi estreado no Reino Unido e nos Estados Unidos o 21 de xullo en formatos IMAX, 70 mm, e 35 mm. É o filme sobre a segunda guerra mundial con maior recadación da historia, conseguindo $525 millóns en todo o mundo. Dunkerque recibiu aclamacións polo seu guión, dirección, banda sonora e fotografía, e algúns críticos considérano o mellor traballo de Nolan. Recibiu oito nomeamentos ós Premios da Crítica Cinematográfica, gañando o de mellor montaxe, oito ós BAFTA, gañando o de mellor son, e tres ós Globos de Ouro. Na 90ª edición dos Óscar, recibiu oito nomeamentos, incluíndo mellor filme e mellor director (sendo o primeiro nomeamento de Nolan nesta categoría). Finalmente gañou os premios de mellor edición de son, mellor son e mellor montaxe.
Estreouse en galego o 25 de maio de 2020 na TVG.[1][2] Foi traducido por Manuel Arca Castro.