Dunvegan (en escocés: Dùn Bheagain) é unha aldea da illa de Skye en Escocia. É famosa polo castelo de Dunvegan, sede do xefe do clan MacLeod. Dunvegan está dentro da parroquia de Duirinish,[1] e a igrexa parroquial de Duirinish está en Dunvegan. En 2011 tiña unha poboación de 386 habitantes.[2]