Duty Free Shoppers DFS Group | |
---|---|
Área de operación | Global |
Data de fundación | 7 de novembro de 1960 |
Fundador(es) | Charles Feeney, Robert Warren Miller |
Director/a | Benjamin Vuchot |
Nº de empregados | máis de 9.000 |
En | Hong Kong |
País | Irlanda / EUA; A sede actual está situada en Hong Kong |
Na rede | |
www.dfs.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
As tendas libres de impostos[1] -en inglés duty-free shops- son comercios retallistas que non aplican impostos nin taxas nacionais coa esixencia de que os seus produtos sexan vendidos a aqueles viaxeiros que os levarán fóra do país. Adoitan atoparse na área internacional de aeroportos, portos ou a bordo de avións e barcos de pasaxeiros.[2][3] Non é común atopar un para os viaxeiros que usan o transporte ferroviario ou por estrada, aínda que moitos pasos fronteirizos entre os Estados Unidos e Canadá teñen tendas deste tipo para os viaxeiros que viaxan en coche.
Nalgúns países, as tendas poden participar nun sistema de reembolso turístico. Neste caso, os clientes pagan o prezo total, pero unha vez que cheguen á zona de tránsito internacional poderán recuperar o importe das taxas aplicadas.
Estes privilexios foron suprimidos para viaxes dentro da Unión Europea (UE) en 1999, pero mantéñense para os viaxeiros cuxo destino final está fóra da UE. Algúns territorios especiais dalgúns Estados membros, como Åland, Livigno ou Canarias, a pesar de formaren parte da UE, están fóra da súa unión fiscal, polo que poden ofrecer produtos libres de impostos a todos os viaxeiros.