Dwight David Howard, nado en Atlanta (Xeorxia o 8 de decembro de 1985, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. É alcumado familiarmente Thunder (trono) e Man-Child (home-neno), aínda que tras a súa participación no All-Star de 2008 tamén se lle coñece como Superman, debido á orixinalidade dun dos seus mates. Saltou directamente do instituto a xogar cos profesionais, sen pasar pola universidade. Con 2,11 metros e 120 quilos, xoga na posición de pivote, sendo considerado como un dos mellores reboteadores da liga.