Grizzly Adams Wolfsburg | |
---|---|
Fundación | 1975 |
Cidade | Wolfsburgo, Baixa Saxonia Alemaña |
Estadio | Eisarena Wolfsburg (4.660 esp.) |
Liga | Deutsche Eishockey Liga |
Adestrador | Pavel Gross |
Cores | Laranxa e negro |
Na rede | |
https://www.grizzlys.de/ |
O Grizzly Adams Wolfsburg é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Wolfsburgo (Alemaña). O equipo compite na Deutsche Eishockey Liga, a máxima categoría da liga profesional alemá, competición na que o seu maior logro chegou na tempada 2010-11, cando liderou a liga regular e chegou á final da liga, onde caeu fronte ao Eisbären Berlin por 3 a 0 na eliminatoria. O seu único título chegou na tempada 2008-09, cando se proclamou campión da Copa de Alemaña tras derrotar na final ao Hannover Scorpions por 5 goles a 3.
O equipo naceu en 1975 como TV Jahn Wolfsburg, e trocou o seu nome polo actual no ano 1996.