Ealing Studios

Ealing Studios

Ealing Studios é unha compañía británica de produción de cinema e televisión situada en Ealing Green en West London. Will Barker mercou o White Lodge en Ealing Green en 1902 como base para a rodaxe de filmes e desde entón foi empregado para ese fin. É o estudio de produción máis antigo de uso continuo en todo o mundo,[1] e os actuais escenarios comezaron a usar o son en 1931. Son especialmente coñecidos polos filmes producidos nos anos posteriores á segunda guerra mundial, como Kind Hearts and Coronets (1949), Passport to Pimlico (1949), The Lavender Hill Mob (1951) e The Ladykillers (1955).

  1. Ealingstudios.com (ed.). "History". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne