Earache Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1985 |
Fundador(es) | Digby Pearson |
Sede | Nottingham |
País | Reino Unido |
Na rede | |
http://www.earache.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Earache Records é un selo discográfico independente, editora musical e compañía de representación artística inglesa fundada por Digby Pearson. A discográfica está baseada en Nottingham e tamén ten oficinas en Londres e Nova York. Earache axudou aos pioneiros do metal extremo publicando parte dos primeiros discos de grindcore e death metal entre 1988 e 1994. Dende entón os seus artistas diversificáronse cara a unha música de guitarra máis mainstream, traballando con bandas como Rival Sons, The Temperance Movement, Blackberry Smoke e The White Buffalo. A compañía tamén patrocinou o escenario 'Earache Express' no Glastonbury Festival[1] e o 'The Earache Factory' no Boomtown Fair.[2]
O logotipo de Earache Records é unha homenaxe á revista Thrasher, debido a que Digby Pearson era un entusiasta da cultura do monopatín.