Earth Observing-1 / EO-1 | |
---|---|
![]() EO-1 | |
Tipo | Observación terrestre |
Fabricante | Swales Aerospace |
Organización | NASA |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 21 de novembro de 2000[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 7320[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea, rampla 2W[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo da superficie e atmosfera terrestres.[1][2] |
NSSDC ID | 2000-075A |
Masa | 573 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7056 km[4] |
Inclinación | 97,8º[4] |
Apoapse | 692,8 km[4] |
Periapse | 678,7 km[4] |
Earth Observing-1, coñecido tamén polo seu acrónimo EO-1, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de novembro de 2000 mediante un foguete Delta 7320 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para estudar a superficie e a atmosfera terrestres.[1][2][3]