easyJet Switzerland | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA DS | OACI EZS | Indicativo TOPSWISS |
Fundación | 18 de maio de 1988 (como TEA Basel) | |
Inicio das operacións | 23 de marzo de 1989 | |
Frota | 25 | |
Destinos | 41 | |
Páxina web: http://www.easyjet.com/ |
EasyJet Switzerland SA é unha aeroliña de baixo custo baseada en Meyrin, Suíza que realiza voos operando como unha franquía de EasyJet dende os aeroportos de Xenebra e Basilea-Mulhouse-Friburgo.
A aeroliña fundouse o 18 de maio de 1988 como TEA Basel e iniciou as súas operacións o 23 de marzo de 1989 como parte do grupo TEA de aeroliñas, que realizaba voos chárter a varios destinos europeos. En marzo de 1998 EasyJet fíxose coa participación do 40% da compañía, e comezou os servizos de franquía o 1 de abril de 1999. No ano 2007 a aeroliña pasou a pertencer a investidores privados (51%), tendo easyJet o 49% das accións.