Eco en cadea de estilo clásico do tornado F5 de 1999 Bridge Creek-Moore.
Un eco en cadea é unha das manifestacións nun radar meteorolóxico de tornados producidos de supercélulas . Atópase nas partes máis baixas dunha tormenta cando o aire e as precipitacións flúen cara a un mesociclón , o que resulta nunha característica curva de reflectividade . O eco prodúcese pola choiva, a sarabia ou mesmo os restos que se envolven ao redor da supercélula.[ 1] É unha das manisfestacións clásicas das supercélulas que producen tornados .[ 2] O Servizo Nacional de Meteoroloxía dos Estados Unidos de América pode considerar a presenza dun eco en cadea que coincide cunha sinatura de vórtice de tornado como suficiente para xustificar a emisión dunha alerta de tornado .[ 3] [ 4]
↑ Glickman, Todd S., ed. (2000). "Hook Echo". Glossary of Meteorology (2nd ed.). American Meteorological Society. ISBN 978-1-878220-34-9 .
↑ Markowski, Paul M. (2002). "Hook Echoes and Rear-Flank Downdrafts: A Review" . Mon. Wea. Rev. 130 (4): 852–76. Bibcode :2002MWRv..130..852M . doi :10.1175/1520-0493(2002)130<0852:HEARFD>2.0.CO;2 .
↑ Angel, Jim (Apr 9, 2013). "ISWS is Pioneer in Tracking Tornadoes by Radar" . Illinois State Water Survey. Arquivado dende o orixinal o 2013-06-01. Consultado o 2013-05-22 .
↑ "Tornado Warning Guidance" (PDF) . National Weather Service. Spring 2002. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de marzo de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2013 .